Un bo comezo
Onte como todos saberedes constituise a camara co Congreso dos Diputados e tamén a do Senado.
Gusto centrar a miña opinión na do Congreso, xa que a do Senado non ten un coñecemento tan amplio
a pesar de que deberia de ser a que maior repercusión tibese tendo en
conta o sistema de elección. O que eu queria salientar do acto que onte se levou a cabo e o
da elección de José Bono como presidente de dita camara. Acerca disto eu salientaria ou mellor
dito faria un par de incisos, o primeiro e presentar a miña total convicción de que a
competitividade demostrada polo anterior presidente está a anos luz do recén elexido, deixando
claro que non estou descalificando ao mencionado exministro de Defensa. Un segundo
apunte ven acerca da candidata do PP, antiga ministra de Sanidade Ana Pastor, que recabou
o total de botos do seu partido, pero da que me alegro que non fose elixida xa que se
dubido da imparcialidade de Xosé Bono a da candidata popular vexoa, facendo unha pequena metáfora, invisible.
Con todo parece que a lexislatura que en breve se inicia vai levar moitos cambios no equipo ministerial, o que eu vexo positivo, xa que anterior grupo de ministros fixo o que puido pero sen cansarse moito.